Benvid@s
Benvidos á colección de páxinas web de CalÃtoe.:. , unha diletante da construcción de sitios.
Aquà atoparedes máis información sobre a webmistress e as súas actividades, ademais de ligazóns ós seus proxectos persoais e profesionais.
Está todo nesta páxina: non hai máis que mover a barra de desprazamento cara abaixo.
Cada vez falo de min en terceira persoa lémbrome de Maradona.
Voltade cando queirades. :)
Administro 49 sitios web, entre eles varios fanlistings ou listados de entusiastas. Os temas dos meus fanlistings teñen xa 11878 fans, dos cales 0 están pendentes de aprobación. O último sitio que publiquei foi Swan Lake . Eu tamén me apunto ós listados das cousas que me apaixoan: polo momento afilieime a 131 . Podedes velos todos na sección "Odi et amo" . Ademais, teño varios camaradas na Rede, e dende aquà puxen ligazóns a 9 dos seus sitios web.
Data da última actualización :
2012-09-14
¿QUEN?
CalÃtoe (C.:.) . Diletante. 1978 . XX.
Denominación de orixe e posición actual: 42° 43' N 8° 63' O . Hai uns anos, latinizando eslavos en 51° 49' N 19° 28' E . Hai algo menos, dando chimpos e aprendéndolle a outros a dalos despois de ter alterado o devenir de Europa por 49° 37' N 6° 09' E . Ata hai pouco, redactora das páxinas güeb dunha famosa empresa de videoxogos en 48° 51′ N 2° 21′ E .
Se de verdade alguén quere saber máis, non ten máis que explorar as miñas obras de diletantismo... ;)
Tamén podo aparecer por aquÃ:
DandyID
¿CANDO?
Este dominio mercouse en GoDaddy o 13 de febreiro de 2003. O espazo proporciónano os agradables rapaces de Hostradius (agora unidos a Insiderhosting ) dende o 22 de febreiro de ese mesmo año.
O sitio abriuse o 1 de marzo de 2003 e dende entón xa tivo nove deseños. O máis recente, o da versión 9 perpetrouse entre marzo e abril de 2009, tal e como se explica na sección Como .
¿POR QUE?
Principalmente, porque en febreiro de 2003 sentÃa que me facÃa maior e que xa era hora de conseguir os meus propios dominios (o certo é que agora me sinto coma se formara un imperio...).
Mais aparte de alimentar os meus delirios de grandeza, o propósito deste dominio é organizar dalgún xeito os sitios güeb que manteño e contar cunha boa 'base de operacións' para proxectos e experimentos.
¿COMO?
Esta versión 9 está baseada nun deseño de Styleshout que esnaquicei coa axuda de Notepad++ . EscribÃn o código como mellor puiden cortando e pegando moito, tentando cumplir cos estándares e que saÃsen XHTML e CSS decentes.
Para administrar os fanlistings utilizo a versión plurilingüe de Enthusiast . Para xestionar os botonciños de ligazón, uso CodeSort 2 . O libro de visitas funciona co script BellaBook , e o formulario de correo electrónico, con NH-mail 2.2.1 .
E penso que iso é todo para esta versión :).
¿ONDE?
¿Que onde é que se poden deixar mensaxes de loubanza, estima, admiración, imprecación, etc.?
Hai dúas opcións: pública (aÃnda que sometida á mi pluma censora ;p) no meu libro de visitas , ou privado por medio do formulario seguinte: