Hei carballeira

Saúdos.

Douvos a benvida á colección de páxinas web de Calítoe.:., unha diletante da construcción de sitios.

Aquí atoparedes máis información sobre a webmistress (ou sexa: sobre min) e as súas actividades, ademais de ligazóns ós seus proxectos persoais e profesionais.

Data da última actualización: 1 de diciembre de 2018

Que?

Sitios web que administro. Moitos deles fanlistings.

... The fanlisting for the poem If... by R. Kipling .:.Calito(h)eces.:. Alphonse Mucha Fanlisting Callitoes Collectanea Carl Sagan Fanlisting Clair de Lune La zona del placer/The pleasure zone My CV / Mi currículum Galicia Galiza Vídeos de gimnasia H/Hr IKB # International Klein Blue FL Linguae Mandi Cadela Maps & Globes Maria Gripe FL Gimnastas.Net SMW Metamorphoseon Wizard of Oz Velázquez, galería de admiradores WotLK ¡Ñam!

Quen?

Calítoe.:. (Cristina MJ). Diletante. 1978. XX. PANK.

Denominación de orixe: 42°25’53.2″N 8°38’36.8″W. Parada habitual: 42°27’59.6″N 8°33’04.4″W.

Latinicei eslavos en 51°46’37.2″N 19°27’22.0″E. Din chimpos e aprendinlle a outros a dalos despois de ter alterado o devenir de Europa por 49°37’27.9″N 6°08’39.1″E. Tamén fun redactora das páxinas güeb dunha famosa empresa de videoxogos en 48°47’48.9″N 2°07’10.1″E. Marchei ata 41°23’32.5″N 2°09’29.8″E para buscarme a min mesma, e atopei moitas cousas menos a que buscaba, conque vou probar novas aventuras en 40°24’55.0″N 3°41’36.3″W, a ver que sae.

Se de verdade alguén quere saber máis, non ten máis que explorar as miñas obras de diletantismo… 😉

Como?

Esta versión 10 do sitio é a primeira que funciona con WordPress. Conta coa axuda de varios complementos (plugins) para ese xestor de contenidos:

O deseño é o tema visual Sparkling, de colorlib, e o fondo é de 77words.

Para administrar os fanlistings agora uso BellaBuffs. Estiven moitos anos usando a miña versión plurilingüe de Enthusiast, pero había que modificalo máis aló da miña habilidade ou paciencia para que furrulase con PHP7 e preferín cambiar.

E penso que isto é todo para esta versión. 🙂

Cando?

Este dominio mercouse en GoDaddy o 13 de febreiro de 2003. Ó longo dos anos estivo aloxado en diversos servidores (Hostradius, Insiderhosting, Surpass Hosting) ata que en novembro de 2018 se estableceu en Ofblue.

O sitio abriuse o 1 de marzo de 2003 e dende entón xa tivo dez deseños. O máis recente, o da versión 10, perpetrouse en novembro de 2018, tal e como se explica na sección Como.

Por que?

Á parte de alimentar os meus delirios de grandeza, o propósito deste dominio é organizar dalgún xeito os sitios güeb que manteño e contar cunha boa ‘base de operacións’ para proxectos e experimentos.

Onde?

¿Que onde é que se poden deixar mensaxes de loubanza, estima, admiración, imprecación, etc.?

Hai dúas opcións: pública (aínda que sometida á miña pluma censora) no libro de visitas, ou privada por medio do formulario seguinte:

[contact-form-7 id=”34″ title=”Formulario de contacto 1″]

Graciñas pola visita. 🙂

Calítoe.:.